El proyecto técnico Ispamer 2023-25 analizó la interacción con los hábitats marinos del palangre conocido…
Un Producto que Gaña Valor
Friend of the Sea acredita a sustentabilidade ambiental da merluza.
A fortaleza da pescada de Celeiro non se mide unicamente en toneladas. A valorización do produto constitúe outro dos eixos sobre os que o sector e a administración galega levan anos traballando. En 2025, a pescada comercializada na lonxa acadou un prezo medio ponderado de 5,15 euros por quilo, o maior rexistrado para esta especie na serie analizada desde 2006.
Os datos do primeiro semestre de 2026 reforzan esta evolución. Entre xaneiro e xuño, o prezo medio situouse nos 4,89 euros por quilo, fronte aos 4,48 euros do mesmo período de 2025. Supón un incremento interanual do 9,25 %. Esta aposta pola valorización non é nova, e amosa unha tendencia positiva para o propio sector. Calidade, presentación, conservación e trazabilidade forman parte dunha estratexia que busca
que detrás de cada peixe exista información sobre a súa procedencia e sobre o proceso seguido ata chegar ao consumidor. A pescada do pincho de Celeiro conta, ademais, cunha longa traxectoria de diferenciación que
cobra cada vez máis importancia. Desde 2003 está incorporada ao selo Galicia Calidade, converténdose daquela no primeiro produto fresco do mar amparado en España por unha marca de garantía.


