Saltear al contenido principal

Porto de Celeiro celebra cos máis pequenos o Día Mundial do Medio Ambiente

Nesta edición a organización desenvolveu un amplo programa de actividades coa colaboración de dous especialistas en divulgación medio ambiental. Ademais, houbo xogos e proxeccións audiovisuais.

Celeiro, 9 de xuño do 2022. Porto de Celeiro OPP77 ten unha vertente educativa que acepta con gusto e responsabilidade da man do CEIP desta localidade lucense e que se expresa de moi diversas formas. Unha delas, a celebración conxunta de actividades relacionadas coa protección do medio ambiente, que este ano coincide na súa celebración educativa co Día Mundial do Medio Ambiente que se celebrou oficialmente o 5 de xuño pero que as nenas e nenos do CEIP festexaron, con diferentes actividades de concienciación neste 9 de xuño.

O director adxunto de Porto de Celeiro, Eduardo Míguez, visitou nesta xornada o centro onde aproveitou a ocasión para lembrar que “o peixe é a proteína animal máis sostible e saudable”. Neste senso, cabe lembrar que as nenas e nenos de Celeiro, moitos deles cun ou varios familiares que traballan no sector pesqueiro, herdan un mar e unha natureza que deben aprender a coidar mellor que os seus maiores. Non dar por feito un entorno magnífico, un entorno cheo e océanos xenerosos, senón convivir con eles e, nalgúns casos, recuperalos.

Este é o argumento arredor do cal Porto de Celeiro organizou neste 9 de xuño un programa composto por catro actividades: un obradoiro de pintura para decorar a súa propia capa para superheroes e superheroínas, unha acción divulgativa realizada por especialistas en  educación ambiental; unha xincana de recollida selectiva de lixo e a proxección de varias curtametraxes relacionadas, todas elas, co coidado do medio ambiente.

Para conseguir que todo o alumnado participase no conxunto de actividades, formáronse diferentes grupos (Educación Infantil, 1º, 2º e 3º, e 4º, 5º e 6º) que ían rotando dunha acción a outra. A primeira actividade, a decoración da capa, fixérona todos á mesma hora nas súas aulas, ás 9:30.

Con esta iniciativa, Porto de Celeiro OPP77 reitera o seu compromiso coa educación en valores. Unha mostra máis da implicación da organización coa súa localidade e as súas xentes, dun pasado común e dun futuro esperanzador.

Esta iniciativa forma parte do Plan de Produción e Comercialización OPP 77 para 2022, que está cofinanciado con fondos FEMP e a Xunta de Galicia.

Volver arriba

Puerto de Celeiro utiliza cookies propias y de terceros que permiten mejorar la usabilidad de navegación y recopilar información. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Solo se instalarán las cookies no esenciales para la navegación si acepta esta característica.

Privacy Settings saved!
Configuracion de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios