Puerto de Celeiro fai entrega dos premios do concurso polo Día do Medio Ambiente
- A entrega tivo lugar esta mañá no Salón de Actos de Puerto de Celeiro.
- Ademais dos agasallos aos gañadores, dende a OPP77 tamén lle deron un galardón a cada curso escolar do centro.
Celeiro, 23 de xuño. Escolares do CEIP Celeiro recibiron hoxe os seus galardóns tras ser elixidos as e os gañadores do concurso de manualidades organizado polo Puerto de Celeiro en relación ao Día Mundial do Medio Ambiente. Trátase dunha cita anual importante para a OPP77 e para o centro educativo, xa que ademais dos premios aos gañadores, todas as clases do centro recibiron como galardón un xogo de mesa para cada curso escolar do colexio.
Neste 23 de xuño, xornada previa ao Día da Xente do Mar, tivo lugar a entrega de premios no salón de actos de Puerto de Celeiro. Ana Feal, a Directora Financiera da OPP77, e Eduardo Míguez, axunto de Dirección da OPP77, foron os encargados de entregar estes galardóns nesta xornada de verán e alegre, onde as pequenas e pequenos, ademais de gozar do seu agasallo xa están desfrutando das súas máis que merecidas vacacións.
O xurado estivo conformado por Ana Feal, Eduardo Míguez e Jesús Lourido de Puerto de Celeiro, Susana López, xefa de estudos do CEIP de Celeiro e Óscar Ladra na ANPA do centro.
O prazo de inscrición abriuse o 5 de xuño e pechouse o domingo 18, Día da Gastronomía Sostible. Durante este tempo foron 58 os escolares de 3º,4º, 5º e 6º de Primaria que presentaron os seus traballos. Na categoría de premios había dúas modalidades o premios á mellor técnica e premio á orixinalidade. Na categoría, a mellor técnica, o primeiro premio recaeu Nira Vieira, de 3º de primaria, o segundo premio foi para Victor Pérez de 5º de Primaria e o terceiro para Hugo Otero de 5º de Primaria. Na categoría de orixinalidade o primeiro foi para Iago Gil de 4º de primaria, o segundo premio foi para Julia Otero de 5º de primaria e terceiro premio para Paula Gil de 4º de primaria.
Foi un éxito a participación nesta edición do concurso con 58 traballos de nenas e nenos de 3º a 6º de primaria. Un concurso onde puideron deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación do seu traballo, un mosaico, vencellado coa súa visión do mar na actualidade.
Esta iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca), nace froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.