A LONXA
CENTRO DE DISTRIBUCIÓN DE PEIXES
O centro de distribución de produtos pesqueiros do Grupo Puerto de Celeiro ocupa unha superficie de 40.000 metros cadrados e ten unha capacidade máxima de descarga, poxa e manipulación de 75 toneladas diarias.
Estas instalacións foron equipadas coa máis moderna tecnoloxía e deseñadas de acordo coas normas sanitarias e de comercialización de produtos pesqueiros establecidas pola lexislación europea.
Con este proxecto, o Grupo Puerto de Celeiro dá resposta ós cambios que está experimentando a comercialización de produtos da pesca e adiántase ás esixencias do mercado.
SERVIZOS
A lonxa do Porto de Celeiro conta cos seus propios servizos de cámaras, suministro de xeo, servizo de mantemento e servizo de caixas. Todo iso a disposición das empresas participantes na actividade da lonxa, así como dos negocios alleos ó porto que o precisen.
Servizo de Cámaras
> Tlfno: +34 600 968 276
Suministro de Xeo
> Tlfno: +34 600 968 362
Servizo Mantemento
> Tlfno: +34 600 968 274
Servizo de Caixas
> Tlfno: +34 600 968 273
HORARIOS
- Arrastre de Litoral: Iníciase ás 6:00h. Dous poxadores encárganse da venda. Un dedícase ás especies principais: pescadilla, meiga, peixe sapo, xuliana, rodaballo, linguado, etc.; e o outro ó peixe variado: faneca, pota, polbo, congro, etc. A poxa é simultánea, é dicir, véndense ó mesmo tempo as especies principais e os variados.
- Baixura: A poxa iníciase ás 6:00h de xeito simultáneo coa venda de arrastre de litoral. Contémplase a posibilidade de realizar tres poxas ó mesmo tempo na mesma lonxa: variado de arrastre litoral, especies principais de arrastre de litoral e baixura. No caso de que haxa descargas de espada, bonito, xuliana ou cerco, a venda de baixura faise a continuación.
- Cerco: Saen ás 18:00h a pescar e regresan de madrugada ás 7, 8, ou 9 da mañá. Se durante o día tivesen capturas para venda póñense en contacto cos vendedores e estes avisan ós compradores para efectuar a poxa. É un tipo de arte que se poxa cando hai produto, non ten horario fixo.
- Espada, bonito e xuliana: Iníciase ás 6:00h, simultaneamente coa de arrastre de litoral
- Arrastre de Gran Sol: Da comezo ó finalizar as subastas da lonxa de arrastre de litoral. Un poxador vende pescadilla; outro, peixe sapo, xuliana, meiga, etc; e un terceiro encárgase das especies variadas: maruca, bertorella, faneca, congro, etc. Polo tanto, fanse tres poxas simultáneas en dita lonxa. Tan pronto remata as súas vendas calquera dos vendedores de variados, inicia a venda de pescadilla polos exemplares de maior tamaño.
- Pincho e volanta: O sistema é similar ó da venda de arrastre do Gran Sol. É dicir, poxa simultánea de variados e pescada. Ó finalizar a venda de variados, o poxador iniciará a venda de pescada polos tamaños grandes.