skip to Main Content
flotador-grupo-empresas-puerto-celeiro

GRUPO DE EMPRESAS

EMPRESAS DE SERVIZOS

Servicios de Frío de Celeiro S.L.

Nave de empaque s/n – Celeiro, 27863 – Viveiro (Lugo)
Tlf: +34 982 55 14 91

O proceso de modenización da frota de Celeiro, e máis concretamente as demandas de montaxe e reparacións de instalacións de frío, explican en boa medida a creación de Serfrío en novembro do 1996. Desde entón, esta empresa do Grupo Puerto de Celeiro encargóuse da montaxe de numerosos sistemas de frío en buques, incluídas cámaras de refrixeración, túneles de conxelación e fábricas de xeo. Ademais da asistencia técnica, tanto a bordo como en instalacións en terra.

Efectos Navales de Celeiro S.L.

Nave de empaque s/n – Celeiro, 27863 – Viveiro (Lugo)
Tlf: +34 982 55 17 83
E-Mail: general@serval.puertoceleiro.com

Desde un anzol a unha balsa salvavidas, un simple parafuso ou unha rede de arrastre… Serval ten codificadas 90.000 referencias de artigos, dispoñendo dun amplo stock de produtos que evita a paralización dos barcos agardando calquera reposición de aparellos. Desde a súa constitución, no 1996, o radio de acción da empresa extendeuse por todo o litoral cantábrico e noroeste.

Serval, que é distribuidor exclusivo de Zodiac, conta cunha estación de servizo de balsas onde realizar a revisión anual obligatoria deste tipo de embarcacións de salvamento, sen necesidade de efectuar grandes desprazamentos.

Entrepot de Celeiro S.L.

Muelle Sur Naves 33/34 – 27863 Celeiro Viveiro (Lugo)
Tlf : +34 982 55 11 39 – Fax: +34 982 55 08 64 – Tlf móvil: +34 600 96 82 41
E-Mail: oficina1@serpot.puertoceleiro.com

Serpot xestiona o único depósito aduaneiro privado existente na Mariña, dispoñendo ademais dun depósito fiscal e de avituallamento que o capacitan para o suministro a buques de artigos de importación e de produtos nacionais exentos de impostos. A súa localización ó pé do peirao garante a rapidez do servizo, que tamén inclúe toda a tramitación burocrática que esixen este tipo de subministracións.

Serpot adoptou o programa EDI, un sistema informático de transmisión de datos a Aduanas que facilita o envío da documentación esixida desde un simple ordenador instalado nas oficinas da empresa.

Servicios Integrales de Celeiro

Puerto Pesquero s/n – Celeiro, 27863 – Viveiro (Lugo)
Tlf: +34 982 55 17 01
E-Mail: catadell.servicel@puertoceleiro.com

Desde a súa constitución, en agosto de 1996, o obxectivo prioritario de Servicel é proporcionar á frota todas aquelas innovacións tecnolóxicas, en materia de equipamento electrónico da ponte, que contribúan a mellorar os rendementos das operacións de pesca. Unha preocupación que se traduce no feito de que, a diferenza doutras empresas do mesmo sector, Servicel compaxina os servizos de asistencia técnica coa atención á formación dos profesionais da pesca e ás necesidades de adaptación das novas tecnoloxías ás actividades relacionadas coa pesca que desenvolve a frota asociada ó Grupo Puerto de Celeiro.

A oferta de Servicel abrangue dúas liñas de produtos: os equipos de navegación e comunicación, e os de detección de pesca. En ambos casos, a empresa deseñou un modelo unificado de equipamento electrónico da ponte, por tipo de actividades e zonas pesqueiras, que se está implantando no conxunto da frota asociada.

Ver Comunicacións a Partes Interesadas

Serlabor S.L.

Muelle Sur s/n – 27863, Celeiro- Viveiro (Lugo)
Tlf: +34 982 57 09 03

Serlabor Celeiro S.L. está especializada en clasificación e empacado de peixe fresco e conxelado; descargas de peixe, tanto por vía terrestre como marítima; o mantemento e limpeza de instalacións e de buques.

Ademais das actividades realizadas para o Grupo Puerto de Celeiro, Serlabor tamén ofrece os seus servizos ós usuarios da lonxa e doutros portos: desde traballos de reparación e mantemento de instalacións, ata a contratación de persoal especializado para filetear, envasar, manipuladores, etc.

Novomar de Celeiro

Muelle Sur s/n – Celeiro, 27863 – Viveiro (Lugo)
Tlf: +34 982 56 33 22 – Fax: +34 982 56 33 23
E-Mail: novomardeceleiro@puertoceleiro.com

Logo de organizar o grupo de empresas dedicado a atender integramente as necesidades da frota asociada, Puerto de Celeiro entrou directamente no sector da comercialización de produtos pesqueiros da man de Novomar, que iniciou as súas actividades en febreiro do 1999.

Novomar especializouse na comercialización de peixe fresco: pescada, peixe sapo, bonito, marraxo, espada, etc. Opera no mercado nacional. Entre os seus principais clientes están a maioría das grandes superficies de distribución do país (Mercadona, Carrefour….) e tamén maioristas dos mercados centrais de cidades como Barcelona, Bilbo e Madrid, onde conta con representación propia a través da empresa Puerto Celeiro Madrid S.L.

Seagood de Celeiro S.A.U.

Muelle Sur s/n – Celeiro, 27863 – Viveiro (Lugo)
Tlf: +34 982 551 491

Seagood, constituída no 2008, especializouse no procesado e comercialización de produtos conxelados da pesca na súa planta de Puerto de Celeiro centrando a súa actividade en tres liñas dirixidas a dous tipos de clientes:

  • Áreas comerciais e mercados maioristas.
    • Procesado de cefalópodos (lura, chipirón e pota).
    • Fileteado e procesado de especies demersais e peláxicas (lirio, xurelo e xarda).
  • Frota asociada á organización de produtores.
    • Procesado e comercialización de especies peláxicas (sardiña e xarda) con destino tanto a consumo humano como a carnada para a frota integrada na OPP.

O seu principal cliente son as áreas comerciais, aínda que tamén se envían produtos ós mercados maioristas.

Sea Goods Dry Sea Company S.L.U.

Muelle de Celeiro s/n – Celeiro, 27863 – Viveiro (Lugo)
Tlf: +34 982 55 14 91
E-Mail: fatima.canoura@seagoodsdry.puertoceleiro.com

Empresa dedicada ó procesado de aletas de escualos que posteriormente exporta, fundamentalmente, a China. Seagoods Dry Company é unha compañía pioneira no noso país, posto que se dedica ó procesado de aletas deste tipo de peixes dunha forma profesional.

Esta empresa xorde coa idea de valorizar un subproduto da pesca dos espadeiros españois como son as aletas de escualos. Tradicionalmente, dito produto comercializábano axentes de compañías chinas e procesábase no propio país asiático, onde as aletas teñen unha boa aceptación entre os consumidores. Así, a principal diferenza que presenta esta empresa fronte ós seus competidores é, precisamente, que non se limitan únicamente á súa compra e exportación directa, senón que, unha vez que adquiren as aletas de escualos, transpórtanas ás súas instalacións nas que realizan as tarefas de lavado, clasificación e secado, para a súa posterior exportación.

Puerto Celeiro Madrid

Nave Central de Pescados Puesto 142 – 28053 Mercamadrid (Madrid)
Tlf : +34 91 7862950 – Fax: +34 91 7852800
E-Mail: puertoceleiromadrid@puertoceleiromadrid.com

Puerto Celeiro Madrid S.L. constitúese en abril do ano 1997 a partir da experiencia dos seus socios fundadores Novomar de Celeiro S.L. e Puerto Celeiro S.A., que xunto ós armadores de Celeiro, conforman un potente grupo empresarial baseado nun concepto de integración vertical e horizontal da actividade pesqueira, formando unha cadea que vai desde o mar á mesa do consumidor final.

Somos profesionais na comercialización maiorista de peixe fresco: pescada, peixe sapo, atún e espada, entre outros.

O produto que nos identifica e nos diferenza do resto dos maioristas de Mercamadrid, é a pescada do pincho coa etiqueta “Galicia Calidade”. Distintivo outorgado á pescada do pincho de Celeiro en 2002 pola Xunta de Galicia; para certificar unha pescada especialmente coidada e tratada, onde a calidade e a trazabilizade é o noso obxectivo común. A pescada que chega ó cliente final é excelente: a de mellor calidade, a máis fresca e a que ofrece as maiores garantías en materia de seguridade alimentaria.

EMPRESAS PARTICIPADAS

SERVICIOS LOGÍSTICOS DE CELEIRO

Servicios Logísticos de Celeiro

C/ Playa nº1, 27863 Celeiro (Lugo)
Tlf: +34 982 56 10 44
E-Mail: cofracora@cofradiaceleiro.com

A perfecta sintonía da Confraría de Pescadores “Santiago Apóstol” de Celeiro e do Grupo Puerto de Celeiro na defensa común dos intereses do sector pesqueiro local foi plasmada nunha empresa: Servicios Logísticos de Celeiro.

O principal obxectivo desta agrupación de intereses económicos é mellorar e ampliar as infraestruturas do porto. De feito, o seu primeiro proxecto é a construcción de 60 novos departamentos para armadores, que ocuparán unha superficie de 10.000 m2 nas proximidades da nova lonxa e supoñen unha inversión próxima ós 2,7 millóns de euros.

Técnica de Envases Pesqueros S.A.

C/ Vilar n°3, 27836 Muras(Lugo)
Tlf: +34 982 500 100 – Fax: +34 982 500 107
E-Mail: administracion@e-tepsa.com
Web: http://www.e-tepsa.com/

Dedicada á fabricación de envases de peixe, Técnica de Envases Pesqueros S.A. iniciou a finais do 1999 o lanzamento ó mercado dos seus innovadores modelos de caixas, homologadas de acordo coa normativa europea. Os novos envases, realizados en polietileno de alta densidade, son resistentes ó frío e ó calor, soportando temperaturas que van desde os -40 ºC ata os 80 ºC, e dispoñen de rexistro sanitario.

A súa principal función é manter as capturas en óptimas condicións de calidade e frescura; pero no seu deseño tamén se tivo en conta a necesidade de facilitar tanto o movemento como o almacenamento das caixas. Todas elas caracterízanse por permitir reducir ó mínimo a manipulación do peixe, posto que, unha vez seleccionadas as capturas a bordo, é posible completar o circuito comercial sen cambiar de envase desde o barco ata o punto de venta final. A capacidade de producción da empresa é de 100.000 envases ó mes.

Meroil S.A.

C/ Port de Lagos nº 20, Port de Barcelona 08039
Tlf: +34 932 061 600
E-Mail: info@meroil.es
Web: http://www.meroil.es/

Fundada no 1993, Meroil S.A. destaca no sector da distribución petrolífera en Europa como o primeiro proxecto desenvolto por empresariado independente nun sector reservado, por definición, ós grandes operadores nacionais e internacionais. Meroil está participada por un bo número de compañías propietarias de estacións de servizo e, desde xullo do 1996, por E.R.G., o maior grupo petroleiro italiano. Os últimos socios que se incorporaron á súa estrutura accionarial son a Naviera Sicar e Petrole et Derives, pertencente ó grupo francés Intermarché.

A asociación con Puerto de Celeiro S.A. supón un significativo cambio de estratexia que leva implícita a consolidación da súa área de influencia no noroeste peninsular, onde xa dispón dunha terminal de carga localizada en Ferrol.

Back To Top

Puerto de Celeiro utiliza cookies propias y de terceros que permiten mejorar la usabilidad de navegación y recopilar información. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Solo se instalarán las cookies no esenciales para la navegación si acepta esta característica.

Privacy Settings saved!
Configuracion de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios