PUERTO DE CELEIRO
QUÉ SOMOS
Puerto de Celeiro S.A. traballa desde a súa constitución no 1994 co obxectivo de garantir a competitividade da frota con base no seu porto sede, aplicando unha filosofía de xestión empresarial integral que persegue a estabilidade da actividade económica.
Mediante a ORDE do 30 de xaneiro de 2014 publicada o 10 de febreiro de 2014, a Xunta de Galicia procedeu ó recoñecemento de Puerto de Celeiro, S.A. como organización de produtores no sector da pesca de altura e gran altura conforme á nova PCP e OCM.
TODO O QUE FACEMOS
A filosofía de Puerto de Celeiro S.A. visibilízase nas seguintes actividades e servizos:
- Unha completa oferta de servizos ás empresas pesqueiras que operan neste porto, incluída a consignación de buques.
- Unha inversión privada en infraestruturas portuarias acordes cunha política de xestión que persegue preservar a calidade do produto ó longo de toda a cadea: o seu centro de distribución (lonxa) climatizado en todas as súas áreas, cunha distribución xeral pensada para racionalizar as operacións e preservar a calidade dos produtos pesqueiros a través da informatización das subastas e da xestión. O complexo frigorífico anexo á lonxa (1.877 m2) inclúe un túnel de conxelado (206 m3); tres cámaras frigoríficas a -25º C (8.193 m3); unha cámara de fresco a 4º C e unha sala para depósito regulador de moluscos e crustáceos.
- Unha inversión no desenvolvemento de actuacións tendentes á valorización e á diferenciación no mercado dos produtos pesqueiros aportados pola frota de Celeiro: recoñecemento á excelencia do produto coa marca de garantía “Galicia Calidade” e o distintivo “Calidad Tradición Carrefour”.
- Activar e executar inversión na renovación permanente da frota e na adquisición de Dereitos de Pesca en Augas Comunitarias non Españolas.
- Manter inversión na formación continua de todos os colectivos profesionais que operan no porto a través da estreita colaboración coa Confraría de Pescadores ‘Santiago Apostol’ e o Centro de Formación ‘Vicente Gradaille’ con sede en Celeiro.
- Afianzar o compromiso co fomento do exercicio de actividades pesqueiras viables e sostibles.
- Mellorar as condicións de introducción no mercado dos produtos da pesca, comercializados por PUERTO DE CELEIRO, S.A.
- Xerar o aumento da rendibilidade económica das empresas armadoras asociadas á sociedade.
- Actuar para a estabilización dos mercados dos produtos da pesca.
- Contribuír ó abastecemento de alimentos e promover elevadas normas de calidade e seguridade alimentaria.