skip to Main Content
icono-boya-mar

CERTIFICADOS DE CALIDADE E SOSTIBILIDADE

A labor en canto á diferenciación e calidade dos produtos en Puerto de Celeiro foi importante, implantándose a marca Galicia Calidade, o distintivo Calidad Tradición Carrefour e recentemente a certificación de Friend Of The Sea. Consíguese así poñer en valor un produto que é extraído tradicionalmente polos armadores de Celeiro no caladeiro do Gran Sol, que se corresponde a unha arte de pesca selectiva e sostible ambientalmente como é o palangre.

MSC

CERTIFICACIÓN ESTÁNDAR DE CADENA DE CUSTODIA DE MSC PARA MERLUZA, BONITO DO NORTE E ANCHOA

A lonxa de Puerto de Celeiro obtivo a certificación no Estándar da Cadena de Custodia de MSC para tres das especies máis comercializadas en España: Merluza, Bonito do Norte e Anchoa.

Os certificadores auditaron a lonxa de Celeiro para garantizar que baixo o estándar de trazabilidade de MSC hai implantado un bo sistema de xestión de cadena de custodia, os produtos están claramente identificados e separados e as cantidades comercializadas están debidamente rexistradas.

FRIEND OF THE SEA

CERTIFICACIÓN DE PESCA SOSTIBLE “FRIEND OF THE SEA”

A totalidade dos palangreiros de fondo da frota de Celeiro obtiveron o certificado de pesca sostible tras a avaliación baixo o estándar ambiental de ‘Friend of the Sea’. A merluza do pincho comercializada na lonxa de Celeiro por estes 22 barcos é etiquetada unha a unha co selo de pesca sostible de ‘Friend of the Sea’.

A avaliación demostrou que os barcos auditados e a lonxa de Celeiro compren cos criterios de pesca sostible de Friend of the Sea: utilizan artes de pesca selectivos, sen impacto relevante no fondo mariño, as capturas proveñen de stocks non sobreexplotados e legalmente xestionados, sen captura accidental de especies ameazadas e baixo criterios de responsabilidade social.

Os barcos certificados puxeron en marcha varios protocolos para a reducción de capturas accidentais de aves, a xestión dos residuos, combustible e refrixerante e o rexistro de descartes.

GALICIA CALIDADE

No ano 2002 iníciase o proceso de implantación da garantía “Galicia Calidade” para aquela pescada do pincho maior de 1,2 kilos capturada en augas do Gran Sol durante os últimos sete días da marea, conservada limpa, eviscerada e refrixerada.

Un fito que convertiu á pescada de Puerto de Celeiro na primeira especie pesqueira en obter dita certificación e que, a día de hoxe, goza dun recoñecemento no mercado que a fai bastión fundamental para a figura desta empresa e todo o que representa.

CARREFOUR SELECTION

A merluza do pincho de Celeiro tamén superou con éxito o exhaustivo exame que Carrefour impón ós produtos de consumo baixo o distintivo “Carrefour Selección” ó que só acceden aqueles cun proceso que foi controlado desde a orixe ata a venda e que responden ó compromiso de Carrefour de ofrecer ós consumidores o produto máis fresco, máis natural, san e nutritivo.

É así como hoxe podemos encontrar merluza do pincho de Celeiro “Carrefour Selección” para a merluza capturada por embarcacións que, entre a saída e o seu regreso ó porto, non pasaran máis de seis días e o seu peso se atope entre os 1,3 e 2 kilos.

Galardón ‘Gran Reto Proveedores para el Clima’

Puerto de Celeiro conta co recoñecemento do galardón “Gran Reto Provedores para o Clima” polo seu método de extracción selectiva para a pesca da merluza.

Este recoñecemento busca premiar o esforzo realizado na loita contra o cambio climático, aplicando políticas sostibles de produción. Así, o xurado composto por representantes do Instituto para a Produción Sostible e por Carrefour, decidiu premiar a Puerto Celeiro porque o seu proxecto empresarial respecta os tres pilares da sostibilidade: ambiental, económico e social.

Back To Top

Puerto de Celeiro utiliza cookies propias y de terceros que permiten mejorar la usabilidad de navegación y recopilar información. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Solo se instalarán las cookies no esenciales para la navegación si acepta esta característica.

Privacy Settings saved!
Configuracion de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios