skip to Main Content

Nós reciclamos e somos sostibles, pero a sociedade aínda non paga iso

O director de Puerto de Celeiro anuncia que van tratar de que o peixe chegue na mesma caixa do barco ao punto de venda

Eduardo Míguez:

Nós reciclamos e somos sostibles, pero a sociedade aínda non paga iso

Cando unha guerra e un paro como o do transporte irrompen como o fixo a semana pasada e o anterior na rutina de Puerto de Celeiro, andar en círculos está de máis. Hai que ir en liña recta para atallar o problema. A sostibilidade sigue presente, dentro dos plans, pero non dos máis inmediatos. Incluso unha organización como a OPP 77 Puerto de Celeiro, comprometida coa reciclaxe, a reutilización, a economía circular… apárcao todo para centrarse en que o produto dos pescadores chegue ao seu destino. Porque a fin de contar, diso se trata: de pescar e comercializar pescado.

—¿Que fai Puerto de Celeiro no eido da economía circular

—A Confraría de Pescadores Santiago Apóstol e Puerto de Celeiro participamos no proxecto Upcycling the oceans, no que están Ecoembes e a Fundación Ecoalf para atallar o problema do lixo mariño. Os barcos levan a bordo un colector para poñer os plásticos, as redes, os cabos… E despois eses desperdicios que retiran do mar deposítanos nuns depósitos diferenciados. Ecoembes ten un servizo de recollida que pasa varias veces ao mes e ese lixo recíclase e aprovéitase en prendas téxtiles. Tamén estamos a piques de arrancar co proxecto Reduse II, que puxo en marcha a Confederación Española de Pesca (Cepesca) para desenrolar un sistema de xestión responsable de artes de pesca. Trátase diso, de reciclar, aproveitar máis os aparellos, desbotar menos redes, que duren máis tempo os cabos…

—¿Os profesionais implícanse neses proxectos?

Si. Nós todo o que é reciclar, contribuír ao mantemento do entorno, aproveitar o lixo, traer a terra os desperdicios que hai no mar… estamos máis que de acordo. Nós facemos todo iso, pero a sociedade aínda non paga máis porque ti sexas tan marabilloso e tan sostible. Entón, chega un momento que dis: ‘Eu estou facendo un esforzo que ao final é diñeiro, porque os mariñeiros teñen que facer máis traballo, e temos que recoller eses bidóns… Nós facémolo, por ter cousas que nos vaian diferenciando e porque somos así, pero…

—Pero a economía circular na pesca extractiva aínda é algo que supón un Investimento, non un rédito

—Exacto. Pero seguimos. Agora imos poñer en marcha con Carrefour un sistema para reducir o uso de caixas. Nós con Carrefour xa tiñamos un proxecto de blockchain e agora queremos intentar chegar coa mesma caixa do barco e da lonxa ata o punto de venda. Así habería menos movemento de envases, porque o peixe non se cambiaría aos de porexpán. Trataríase de economizar e de que a calidade do produto non se vaia prexudicando porque se toque e manipule o peixe. Ao produto non lle podes dar máis calidade da que ten cando está no mar; ti o que podes facer é non quitarlla. E canto menos o toques, menees, manipules e cambies dunha caixa para outra, menos calidade vai perder. Tamén hai un abaratamento de custes económicos e medioambientais, porque implica menos uso de plásticos e máis aproveitamento dos recursos.

-¿Xa empezou o proxecto?

—Ía arrancar este mes, como outros tantos proxectos, pero con todos os problemas que houbo, como a alza do prezo dos combustibles e a subida dos custes de explotación, o paro do transporte que nos fixo ter que suspender subhastas e conxelar produto… Cando estás así, aparcas todo para resolver o problema máis inmediato e poder vender o peixe. Ademais, neste escenario no que estamos hai proxectos que case é inviable poñelos a andar. Por exemplo, este mes ía empezar a lonxa online en Puerto de Celeiro, pero non podemos implantala porque integra un sistema de envío da mercancía e ata que non se arranxe ben o problema do transporte, con garantías de que o peixe vai chegar a destino, non se pode poñer a funcionar.

—Ata o de agora, os residuos que xera a pesca e que volven entrar na economía non se quedan dentro do sector pesqueiro. É posible diversificar a actividade para incorporar algunha nova e que os beneficios revertan no propio sector?

—Nós estamos centrados noutras historias, non en facer roupa ou reloxos e cousas desas. Queremos vivir do negocio principal, que é pescar e vender peixe, así que zapateiro, aos teus zapatos.

 La Voz de Galicia – A. Buíncas

Back To Top

Puerto de Celeiro utiliza cookies propias y de terceros que permiten mejorar la usabilidad de navegación y recopilar información. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Solo se instalarán las cookies no esenciales para la navegación si acepta esta característica.

Privacy Settings saved!
Configuracion de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios