skip to Main Content

Nira Vieira e Paula Gil gañan o Concurso Escolar de Contos Sostibles de Puerto de Celeiro

  • O concurso de Puerto de Celeiro no CEIP de Celeiro con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente xa ten gañadores. Paula Gil e Nira Vieira son as vencedoras en técnica e creatividade do certame literario da OPP77

Celeiro, 18 de xuño. Puerto de Celeiro repite colaboración co colexio de Celeiro na súa tarefa de concienciación para a protección do medio ambiente. A Organización de Produtores Pesqueiros celeirense realiza unha serie de actividades educativas medioambientais con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, das que forma parte un concurso escolar diferente cada ano pero que ten un obxectivo e temática común: a actividade pesqueira e a conservación do medio mariño. Nesta ocasión, o certame, dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Primaria, centrouse na creación dun relato, escrito ou gráfico, sobre a pesca e o medio ambiente. Os gañadores, seleccionados este 18 de xuño, foron Paula Gil e Nira Vieira.

Na categoría de orixinalidade, os galardoados foron: 1º Paula Gil Fernández, de 6º de Primaria, por PORTO DE CELEIRO; 2º Gael Rego Ríos, de 5º de Primaria, por OS SUPERMICHIS E O PESCADO ROUBADO; e 3º Lucía Yen Docampo, de 5º de Primaria, por LUCÍA E O MAR DE CELEIRO . Na categoría de técnica, os premiados foron: 1º Nira Vieira Fernández, de 5º de Primaria, por UN MAR AZUL ; 2º Sonia Mora Seijo, de 5º de Primaria, por O PEIXE DO PORTO DE CELEIRO ; e 3º Antón Ventoso Frean, de 6º de Primaria, por O GOLFIÑO PERDIDO. Os seis gañadores recibirán como premio unha cámara fotográfica coa que poderán sacar imaxes ao porto de Celeiro e a contorna mariña de Viveiro.

O prazo para participar no concurso abriuse o 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, xornada na cal a OPP77 realizou tamén una gincana e un obradoiro de cociña entre os escolares do colexio, no que aprenderon a importancia da cooperación entre mariñeiros e da necesidade de manter una alimentación balanceada e saudable con peixe de Celeiro no menú semanal.  O 26 de xuño levarase a cabo a entrega de premios, na que se fará entrega tamén ao CEIP de Celeiro dun lote de libros de temática mariñeira en mostra de agradecemento.

Cabe destacar que esta acción forma parte do PPeC 2025 da OPP77, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA. Con este tipo de actuacións, a OPP77 contribúe na educación medioambiental dos pequenos da localidade e ensina os valores de sostenibilidade que amparan a práctica pesqueira de Puerto de Celeiro, frota comprometida co coidado do ecosistema mariño.

Back To Top

Puerto de Celeiro utiliza cookies propias y de terceros que permiten mejorar la usabilidad de navegación y recopilar información. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Solo se instalarán las cookies no esenciales para la navegación si acepta esta característica.

Privacy Settings saved!
Configuracion de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios