Saltear al contenido principal

Escolares de Celeiro celebrarán día Mundial do Medio Ambiente

A actividade enmárcase no acordo de colaboración entre o CEIP Celeiro e PUERTO DE CELEIRO SA OPP77 para concienciar ao alumnado sobre a realidade en canto á restauración de ecosistemas.

ESCOLARES DE CELEIRO CELEBRARÁN O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COA APERTURA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PARA OS ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

Celeiro, 4 de xuño. Escolares do CEIP Celeiro con idades comprendidas entre os 11 e 12 anos poderán participar, dende o 5 de xuño,  día Mundial do Medio Ambiente, no concurso de fotografía sobre a restauración de ecosistemas, a temática protagonista neste 2021.

Mañá, 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente sairán as bases deste concurso na web de PUERTO DE CELEIRO OPP77 (www.puertodeceleiro.es ) e tamén a través da web do CEIP Celeiro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipceleiro/) e desta maneira arrancará o período de inscrición e recepción de traballos que terá lugar ata o 18 de xuño, Día da Gastronomía  Sostible. Grazas ás bases coñeceremos todas as características que teñen que ter as fotografías presentadas e tamén os premios establecidos, que son: ao mellor traballo e ao mellor formato Os rapaces ou rapazas gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña, que serán entregados o 25 de xuño, Día Mundial da Xente do Mar. A aula que teña máis premiados en calquera unha das categorías recibirá unha pantalla interactiva valorada en preto de 2000 euros.

O concurso estará destinado a nenas e nenos de 5º e 6º de primaria. Un concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha fotografía vencellada coa temática deste ano do Día Mundial do Medio Ambiente, a reconstrución de ecosistemas. Asemade, todo o alumnado que participe presentarán esta fotografía nun marco realizado con materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará patente a vea artística destas pequenas e pequenos.

Pero isto non é todo, dende o Porto de Celeiro, encherán de actividade o centro o día 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, con obradoiros para todo o colexio, dende os 3 aos 12 anos. Unha xornada que dividirá a mañá en tres ambientes diferentes: unha charla didáctica centrada no mar e no porto de Celeiro, obradoiros de pintura para os máis peques e o Trivial do Mar para o alumnado de primaria,  e unha proba de relevos que levará como título “a reconstrución dos ecosistemas”. Todas estas actividades levaranse a cabo baixo a normativa COVID, cos grupos burbulla e en diferentes quendas.  Un día que rematará cun agasallo para cada participante, unha botella de auga metálica, para evitar o emprego dos plásticos. O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesitade de coidar e respectar o medio ambiente.

Esta iniciativa é froito do acordo de colaboración entre o CEIP de Celeiro e PUERTO de CELEIRO S.A OPP-77, para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca e está financiada polos fondos FEMP a través do PPeC 2021 da OPP77.

Volver arriba

Puerto de Celeiro utiliza cookies propias y de terceros que permiten mejorar la usabilidad de navegación y recopilar información. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Solo se instalarán las cookies no esenciales para la navegación si acepta esta característica.

Privacy Settings saved!
Configuracion de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios