Escolares de Celeiro celebrarán día Mundial do Medio Ambiente
A actividade enmárcase no acordo de colaboración entre o CEIP Celeiro e PUERTO DE CELEIRO SA OPP77 para concienciar ao alumnado sobre a realidade en canto á restauración de ecosistemas.
ESCOLARES DE CELEIRO CELEBRARÁN O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COA APERTURA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PARA OS ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA
Celeiro, 4 de xuño. Escolares do CEIP Celeiro con idades comprendidas entre os 11 e 12 anos poderán participar, dende o 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente, no concurso de fotografía sobre a restauración de ecosistemas, a temática protagonista neste 2021.
Mañá, 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente sairán as bases deste concurso na web de PUERTO DE CELEIRO OPP77 (www.puertodeceleiro.es ) e tamén a través da web do CEIP Celeiro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipceleiro/) e desta maneira arrancará o período de inscrición e recepción de traballos que terá lugar ata o 18 de xuño, Día da Gastronomía Sostible. Grazas ás bases coñeceremos todas as características que teñen que ter as fotografías presentadas e tamén os premios establecidos, que son: ao mellor traballo e ao mellor formato Os rapaces ou rapazas gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña, que serán entregados o 25 de xuño, Día Mundial da Xente do Mar. A aula que teña máis premiados en calquera unha das categorías recibirá unha pantalla interactiva valorada en preto de 2000 euros.
O concurso estará destinado a nenas e nenos de 5º e 6º de primaria. Un concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha fotografía vencellada coa temática deste ano do Día Mundial do Medio Ambiente, a reconstrución de ecosistemas. Asemade, todo o alumnado que participe presentarán esta fotografía nun marco realizado con materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará patente a vea artística destas pequenas e pequenos.
Pero isto non é todo, dende o Porto de Celeiro, encherán de actividade o centro o día 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, con obradoiros para todo o colexio, dende os 3 aos 12 anos. Unha xornada que dividirá a mañá en tres ambientes diferentes: unha charla didáctica centrada no mar e no porto de Celeiro, obradoiros de pintura para os máis peques e o Trivial do Mar para o alumnado de primaria, e unha proba de relevos que levará como título “a reconstrución dos ecosistemas”. Todas estas actividades levaranse a cabo baixo a normativa COVID, cos grupos burbulla e en diferentes quendas. Un día que rematará cun agasallo para cada participante, unha botella de auga metálica, para evitar o emprego dos plásticos. O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesitade de coidar e respectar o medio ambiente.
Esta iniciativa é froito do acordo de colaboración entre o CEIP de Celeiro e PUERTO de CELEIRO S.A OPP-77, para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca e está financiada polos fondos FEMP a través do PPeC 2021 da OPP77.