La cadena de valor de la merluza se alinea para impulsar una hoja de ruta…

Escolares do CEIP Celeiro participan no concurso de fotografía OPP77
44 ESCOLARES DO CEIP DE CELEIRO PARTICIPAN NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLA OPP77 PUERTO DE CELEIRO
O prazo para presentarse a este concurso pechouse o venres 18 de xuño.
Celeiro, 21 de xuño. 44 escolares do CEIP Celeiro con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos xa presentaron o seu traballo dentro do concurso de fotografía sobre a restauración de ecosistemas, a temática protagonista do día do Medio Ambiente neste 2021.
O prazo de inscrición abriuse o 5 de xuño e pechouse o venres 18, Día da Gastronomía Sostible. Durante este tempo foron un total de 44 os escolares que presentaron os seus traballos, alumnas e alumnos de 3º,4º, 5º e 6º de primaria que poderán optar aos premios deste concurso que son: ao mellor traballo e ao mellor formato. Os rapaces ou rapazas gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña, que serán entregados o 25 de xuño, Día Mundial da Xente do Mar. A aula que teña máis premiados en calquera unha das categorías recibirá unha pantalla interactiva valorada en preto de 2000 euros.
O concurso estivo destinado a nenas e nenos de 3º,4º, 5º e 6º de primaria. Un concurso onde puideron deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha fotografía vencellada coa temática deste ano do Día Mundial do Medio Ambiente, a reconstrución de ecosistemas. Asemade, todo o alumnado que participou presentou esta fotografía nun marco realizado con materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedou patente a vea artística destas pequenas e pequenos.
Esta iniciativa é froito do acordo de colaboración entre o CEIP de Celeiro e PUERTO de CELEIRO S.A OPP-77, para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca e está financiada polos fondos FEMP a través do PPeC 2021 da OPP77.