skip to Main Content

A pesca de baixura non se goberna desde un despacho

Desde Celeiro e desde todo o concello de Viveiro erguemos estes días a voz para defender algo que vai moito máis alá dunha actividade económica. Defendemos unha forma de vida, unha cultura mariñeira centenaria e o futuro de centos de familias que dependen directamente da pesca costeira de baixura e artesanal.

A recente aplicación do Regulamento (UE) 2023/2842, coñecido como Regulamento de Control, fixo saltar todas as alarmas no sector. Non falamos de pequenas adaptacións nin de melloras asumibles, senón dunha batería de obrigas que, tal e como están formuladas, supoñen unha ameaza real e directa para a supervivencia da frota de baixura en todo o litoral galego e español.

Unhas normas afastadas da realidade do mar
Entre as medidas máis lesivas destacan dúas: a obriga de comunicar con catro horas de antelación a chegada ao porto,e o rexistro de todas as capturas desde o primeiro quilogramo, eliminando a exención actual dos 50 quilos.

Para quen coñece o día a día da pesca artesanal, estas esixencias resultan sinxelamente inasumibles.

Falamos de embarcacións de pequeno porte, con mareas curtas, capturas variables e descargas múltiples, nas que se traballa con diversidade de especies e volumes reducidos. Falamos tamén dun medio, o mar, sometido a condicións meteorolóxicas cambiantes que fan imposible planificar con precisión a hora exacta de chegada a porto. Pretender aplicar a este segmento da frota os mesmos criterios ca á gran frota industrial non só é inxusto, senón profundamente erróneo; dito doutro xeito, un disparate.

Esta normativa non mellora o control nin reforza a sustentabilidade. Pola contra, incrementa a carga burocrática, eleva os custos, xera inseguridade jurídica, problemas en materia de Seguridade, e empurra a moitos profesionais ao abandono da actividade.

Leis feitas desde os despachos, non desde o mar
O problema de fondo é coñecido: demasiadas veces, a lexislación pesqueira europea elabórase desde unha visión teórica, afastada da realidade diaria do sector. Descoñécese o oficio, o medio mariño e as limitacións reais das embarcacións costeiras que faenan a diario ao longo do noso extenso litoral.

Esta desconexión entre os despachos e o mar provoca normas ríxidas, pouco realistas e desproporcionadas, que xeran frustración e desconfianza nun sector que xa vive sometido a unha presión constante. Non se pode lexislar de costas aos pescadores nin criminalizar a quen leva xeracións traballando con respecto polo medio mariño.

Un risco real de desaparición
Se este regulamento se mantén tal e como está formulado, as consecuencias serán devastadoras: a desaparición progresiva da frota de baixura e artesanal, a perda de emprego directo e indirecto nas zonas costeiras, o empobrecemento económico e social do litoral e a ruptura do relevo xeracional, xunto coa perda dun coñecemento tradicional transmitido durante séculos.

Cómpre dicilo con claridade: a pesca de baixura non é o problema. É unha parte esencial da solución para un modelo pesqueiro sostible, selectivo e respectuoso co medio mariño.

Un sector estratéxico para o territorio
A pesca artesanal garante produto fresco, de proximidade e de alta calidade. Fixa poboación no territorio, mantén viva a identidade mariñeira dos nosos pobos e actúa como motor económico en comarcas onde apenas existen alternativas laborais. Defender a pesca de baixura é defender a soberanía alimentaria, a cohesión territorial e unha verdadeira economía azul sostible, esa mesma que Europa di querer promover.

Unidade e diálogo real
Agora máis ca nunca é imprescindible a unidade do sector, articulada a través das confrarías de pescadores e das súas federacións. Estas entidades representan lexitimamente aos profesionais do mar e deben ser escoitadas en calquera proceso normativo que afecte ao seu futuro. As decisións deben tomarse cos pescadores, non contra eles.

Un chamamento ao Goberno de España
Por todo o exposto, reclamamos ao Goberno de España, como Estado membro da Unión Europea, un apoio firme e claro para defender en Bruxelas unha adaptación realista do Regulamento de Control, excluíndo á pesca costeira de baixura e artesanal de obrigas desproporcionadas e inviables, e garantindo a continuidade dun sector estratéxico. É o momento da excepcionalidade para este segmento de flota, é a hora dun cambio lexislativo na norma, que é lesiva para o sector, é non sirven excusas.

O Goberno debe estar ao lado de quen cada día sae ao mar con esforzo, responsabilidade e compromiso coa sustentabilidade. Agardamos que o diálogo aberto coa Secretaría Xeral de Pesca Marítima dea froitos. De non ser así, o conflito prolongarase no tempo, e iso non é bo para ninguén.

Un futuro que se defende unidos
Na movilización de Celeiro verse que a pesca interesa a ciudadanía… e iso é de agradecer porque todo los que participaron entienden que sen mariñeiros non hai peixe nin futuro. A pesca de baixura non se rende, deféndese. Porque o mar non se goberna desde un despacho e porque, sen pesca artesanal, non hai costa viva.

Europa debe escoitar: o mar tamén fala.
Salvemos a pesca costeira de baixura! O futuro e continuidade da flota está en xogo!

La Voz de Galicia – A Mariña

Máximo Díaz: SECRETARIO DA CONFRARÍA SANTIAGO APÓSTOLO DE CELEIRO

Back To Top

Puerto de Celeiro utiliza cookies propias y de terceros que permiten mejorar la usabilidad de navegación y recopilar información. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Solo se instalarán las cookies no esenciales para la navegación si acepta esta característica.

Privacy Settings saved!
Configuracion de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios