Saltear al contenido principal

Puerto de Celeiro fai entrega dos premios do concurso de fotografía

PUERTO DE CELEIRO FAI ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Celeiro, 25 de xuño. Escolares do CEIP Celeiro recibiron hoxe os seus galardóns tras ser elixidos os gañadores do concurso de fotografía que organizado polo Puerto de Celeiro en relación ao Día Mundial do Medio Ambiente. Trátase dunha cita anual importante para o Puerto e para o centro educativo, xa que ademais dos premios aos gañadores tamén recibiron unha pantalla interactiva valorada en 2000 euros. Unha pantalla que recaeu na clase de 5º e 6º de primaria, ao  haber un empate no número de premiados, 3 de cada curso. De todos os xeitos, esta pantalla será utilizada por toda a comunicade educativa do CEIP Celeiro.

Neste 25 de xuño, Día da Xente do Mar, tivo lugar a entrega de premios no salón de actos do Puerto de Celeiro. Jesús Ángel Lourido, Xerente da OPP77, e Eduardo Míguez, adxunto de Dirección, foron os encargados de entregar estes galardóns nesta xornada de verán e alegre, onde as pequenas e pequenos, ademais de gozar do seu agasallo xa están desfrutando das súas máis que merecidas vacacións.

Lembramos que este ano o concurso versou sobre a restauración de ecosistemas, temática protagonista do día do Medio Ambiente neste 2021.

O xurado estivo conformado por Ana Feal, Eduardo Míguez e Jesús Lourido do Puerto de Celeiro, Rita Lamas, Marta Pérez e Bibiana Santos do CEIP Celeiro e Carolina Docampo, Natalia García, Sonia Martínez da ANPA do centro.

O prazo de inscrición abriuse o 5 de xuño e pechouse o venres 18, Día da Gastronomía  Sostible. Durante este tempo foron 44 os escolares que presentaron os seus traballos, de eles 18 alumnas e alumnos, de 5º e 6º de primaria, foron os que entraron no concurso de maneira oficial. Esta mañá recibiron o premios a mellor traballo Helena Goás, de 6º de primaria, o segundo premio foi para David Paleco de 5º de primaria e o terceiro para Nerea Pigueiras tamén de 5º. Na categoría de mellor formato o primeiro premio é para Daniel García, de 5º de primaria, o segundo para Andrés Adam de 6º e o terceiro para Sara Asmerón de 6º de primaria.  As rapazas e rapaces gañadores recibiron libros sobre temática ambiental e mariña. E como xa dixemos, as clases de 5º e 6º de primaria, recibiron unha pantalla interactiva valorada en 2000 euros da que poderá desfrutar todo o centro o vindeiro curso escolar.

Neste concurso participaron 44 nenas e nenos de 3º,4º, 5º e 6º de primaria, pese a que na sección oficial formaron parte 18 escolares de 5º e 6º. Un concurso onde puideron deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha fotografía vencellada coa temática deste ano do Día Mundial do Medio Ambiente, a reconstrución de ecosistemas. Trátase dunha actividade onde quedou patente a vea artística destas pequenas e pequenos.

Esta iniciativa é froito do acordo de colaboración entre o CEIP de Celeiro e PUERTO de CELEIRO S.A OPP-77, para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca e está financiada polos fondos FEMP a través do PPeC 2021 da OPP77.

Volver arriba

Puerto de Celeiro utiliza cookies propias y de terceros que permiten mejorar la usabilidad de navegación y recopilar información. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Solo se instalarán las cookies no esenciales para la navegación si acepta esta característica.

Privacy Settings saved!
Configuracion de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios