Ahora mismo el sector está triste: se pesca poco y no hay cargos a bordo"…
O Porto de Celeiro fai entrega dos premios do concurso polo Día do Medio Ambiente
Celeiro, 23 de xuño. Escolares do CEIP Celeiro recibiron hoxe os seus galardóns tras ser elixidas as gañadoras do concurso de manualidades organizado polo Porto de Celeiro en relación ao Día Mundial do Medio Ambiente. Trátase dunha cita anual importante para o Porto e para o centro educativo, xa que ademais dos premios aos gañadores, todas as clases do centro recibiron como premio un microscopio de alta calidade.
Neste 23 de xuño, xornada previa ao Día da Xente do Mar, tivo lugar a entrega de premios no salón de actos do Porto de Celeiro. Ana Feal, a Directora Financiera da OPP77, e Eduardo Míguez, adxunto de Dirección da OPP77, foron os encargados de entregar estes galardóns nesta xornada de verán e alegre, onde as pequenas e pequenos, ademais de gozar do seu agasallo xa están desfrutando das súas máis que merecidas vacacións.
O xurado estivo conformado por Ana Feal, Eduardo Míguez e Jesús Lourido do Porto de Celeiro, Bibiana Santos, Xulia Calvo, Cristina Freán, Marta Pérez do CEIP de Celeiro e Óscar Ladra na ANPA do centro.
O prazo de inscrición abriuse o 5 de xuño e pechouse o venres 18, Día da Gastronomía Sostible. Durante este tempo foron 30 os escolares de 5º e 6º de Primaria que presentaron os seus traballos. Na mellor técnica as gañadoras foron alumnas de 6º de primaria. Nesta categoría, a mellor técnica, o primeiro premio recaeu en Lola Martínez, o segundo premio foi para Amalia Alonso e o terceiro para Naiara Mon. Na categoría de orixinalidade os premios foron para alumnas de 5º de primaria o primeiro foi para Sabela Montes, segundo premio Irea Vale, e terceiro premio para Eva Alonso. As rapazas gañadoras recibirán libros sobre temática ambiental e mariña como galardón polo seu traballo. Pero ademais, este ano, como novidade, todas as aulas do centro recibiron un agasallo que consistirá nun microscopio dixital de detalle e precisión. Agasallos para o centro, que esta mañá recolleu Marta Pérez, directora do CEIP de Celeiro.
Neste concurso participaron 30 nenas e nenos de 5º e 6º de primaria. Un concurso onde puideron deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación unha manualidade vencellada coa visión que estas pequenas e pequenos teñen do mar. Trátase dunha actividade onde quedou patente a vea artística destas pequenas e pequenos.
Esta iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca), nace froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.