Loito en Celeiro por Fran, contramestre en terra
Sen compasión, case de súpeto, perdemoste. Navegas en paz polas augas do tempo. Contramestre en terra, sen a túa labor na xestión pescar sería aínda máis complicado. Armadores e patróns sabemos canto nos axudabas. Tamén na lonxa, a pé do muelle, te botamos en falta.
Contabamos compartir moito máis tempo contigo, pero non pode ser. Chorarte non alivia. Alomenos acabouse a túa agonía, cruel castigo da inmisericorde enfermidade. Fran, rómpenos a alma este ata sempre.
Nós, os teus compañeiros e compañeiras de Puerto de Celeiro, da confraría de Celeiro, deste porto teu e noso, non te esquecemos. Neste duro momento, só podemos pensar na túa familia: a túa dona Laura, os teus fillos Hugo e Adriana, os teus pais Paco e Pacola, a túa irmá Rosa… Neles e en todos os parientes e amigos que tanto te querían.
Francisco Martínez Martínez, adxunto á xerencia da Organización de Produtores Pesqueros Puerto de Celeiro e ó xefe de ventas da lonxa de Celeiro, acaba de deixarnos con 47 anos. Inxusta vida esta que nos priva de ti tan cedo.
O noso ata sempre, compañeiro e para moitos amigo, diremocho como mereces este venres, 19 de maio, ás 16.15 dende o tanatorio de Rego da Frores ata o cemiterio de Celeiro.
Boa singradura, Fran! A pesca de Celeiro está de loito por ti. Grazas por todas as túas aportacións, como profesional e, sobre todo, como persoa.