{"id":5962,"date":"2022-09-26T11:39:51","date_gmt":"2022-09-26T10:39:51","guid":{"rendered":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/?p=5962"},"modified":"2022-09-26T11:39:51","modified_gmt":"2022-09-26T10:39:51","slug":"jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/","title":{"rendered":"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo&#8230;"},"content":{"rendered":"[vc_row][vc_column][vc_column_text]\n<h3>Jes\u00fas Lourido: \u00abNingu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo sen aval cient\u00edfico, socioecon\u00f3mico nin pol\u00edtico\u00bb<\/h3>\n<p><strong>\u00abConfiamos en que os ministros po\u00f1an en evidencia o atentado contra a pesca galega e europea que quere perpetrar o eurocomisario Sinkevicius\u00bb, di o xerente de Produtores Pesqueiros de Celeiro<\/strong><\/p>\n<p>Non para. Viaxes, reuni\u00f3ns presenciais ou telem\u00e1ticas, chamadas, mensaxes&#8230; Volve ao seu despacho de xerente da Organizaci\u00f3n de Produtores Pesqueiros Puerto de Celeiro despois de participar por videoconferencia na directiva da Asociaci\u00f3n Europea de Organizaci\u00f3ns de Produtores de Pesca (EAPO, en ingl\u00e9s), da que \u00e9 secretario, e de analizar cun patr\u00f3n de Gran Sol o veto a toda a pesca de fondo que imp\u00f3n a Comisi\u00f3n Europea. Sabe que combater este novo golpe \u00e1 frota galega require a mellor informaci\u00f3n posible, polo cal non lle queda outra que buscar ocos para documentarse e, \u00f3 mesmo tempo, atender o traballo habitual. Jes\u00fas Lourido (Santallamar, 1970), conf\u00eda en que este luns, no Consello de Pesca da Uni\u00f3n Europea (UE), \u00abos ministros po\u00f1an en evidencia o atentado contra a frota galega e europea que quere perpetrar e eurocomisario Virginijus Sinkevicius\u00bb, titular de Medio Ambiente, Oc\u00e9anos e Pesca.<\/p>\n<p><strong>\u2014Cre que a sociedade percibe o que sup\u00f3n o peche das 87 \u00e1reas para a econom\u00eda, o emprego e soberan\u00eda alimentaria da UE?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Realmente penso que non. Algunha parte sabe que esta norma deber\u00eda protexer e coidar os ecosistemas mari\u00f1os vulnerables, corais, esponxas, etc\u00e9tera&#8230; Espero que tam\u00e9n lle estea chegando que sae dun proceso perverso, viciado de orixe porque non ten en conta todo o que n\u00f3s, como sociedade, tam\u00e9n queremos protexer: evidentemente, o medio ambiente, pero tam\u00e9n a actividade da frota e os empregos de toda a cadea da pesca.<\/p>\n<p><strong>\u2014Leva meses estudando e alertando do prop\u00f3sito da Comisi\u00f3n, esperaba que o consumase?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Ningu\u00e9n no seu san xu\u00edzo esperaba o veto total, a todas as artes, porque non ten aval cient\u00edfico nin socioecon\u00f3mico, e o pol\u00edtico non \u00e9 de maior\u00eda cualificada. Os informes cient\u00edficos s\u00f3 eran para o arrastre, non para o palangre nin para a volanta. Ningu\u00e9n pensar\u00eda que se poder\u00eda tomar unha decisi\u00f3n executiva en base a unha informaci\u00f3n parcial.<\/p>\n<p><strong>\u2014Tam\u00e9n detectaron irregularidades no procedemento.<\/strong><\/p>\n<p>\u2014O regulamento base \u00e9 claro. Di que ten que haber un informe de impacto socioecon\u00f3mico para as revisi\u00f3ns e entendemos que tam\u00e9n para o proceso inicial. Ten que haber unha consulta directa cos afectados, non con organismos intermedios, e fainas a Comisi\u00f3n. Invitar aos mari\u00f1eiros a participar nun organismo cient\u00edfico \u00e9 unha colaboraci\u00f3n, non unha consulta. Non se pode enviar o acto de execuci\u00f3n \u00f3 Consello de Pesca sen darlle opci\u00f3n a opinar \u00e1s partes interesadas.<\/p>\n<p><strong>\u2014Pero sigue adiante, co apoio de 14 dos 27 Estados da UE.<\/strong><\/p>\n<p>\u2014O eurocomisario e o seu equipo te\u00f1en unha fixaci\u00f3n co arrastre. A estratexia e os momentos p\u00f3\u00f1eno en evidencia. Quer\u00eda chegar \u00e1 Cume dos Oc\u00e9anos, en Lisboa, coa medalla de \u00abhemos protegido al mar salv\u00e1ndolo del malvado arrastre\u00bb. Demostramos, e avisamos con tempo, de que tam\u00e9n afecta moito ao pincho, \u00e1 volanta, a todas as artes, pero el decidiu seguir adiante. Freou en xu\u00f1o polo aviso da \u00abnon opini\u00f3n\u00bb do Consello Europeo, pero agora tam\u00e9n o ignorou e colgouse a medalla dende Senegal, na Conferencia Ministerial Africana sobre Medio Ambiente.<\/p>\n<p><strong>\u2014Prevalece a pol\u00edtica medioambiental sobre a pesqueira?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Vetar toda a pesca de fondo con ese enfoque sesgado, como fai o eurocomisario, vai contra a Pol\u00edtica Com\u00fan de Pesca e contra o Tratado da Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<p><strong>\u2014Polo que transcende, a Comisi\u00f3n semella segura da legalidade.<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Obviamente, non vai admitir a barbaridade que fixo nin que se est\u00e1 a levar por diante o futuro de comarcas costeiras como, por exemplo, A Mari\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>\u2014O Goberno espa\u00f1ol semella non ter clara a denuncia xudicial, que a frota dem\u00e1ndalle e prepara.<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Toca facer un estudo sincero e profundo dos aspectos xur\u00eddicos polos ministerios de Pesca e de Asuntos Exteriores, e o sector complementa esa acci\u00f3n legal cos aspectos t\u00e9cnicos. Que presente o recurso canto antes e, en paralelo, que pida a suspensi\u00f3n cautelar ao Tribunal de Xustiza da UE, e que se adopte r\u00e1pido.<\/p>\n<p><strong>\u2014Non \u00e9 s\u00f3 cuesti\u00f3n de tipos de artes nin das 87 \u00e1reas vedadas, sen\u00f3n do efecto domin\u00f3 sobre o conxunto da pesca, din vostedes.<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Definitivamente. Temos o impacto directo, a exclusi\u00f3n de traballo nesas \u00e1reas, e os derivados, que non sei se non ser\u00e1n incluso m\u00e1is graves porque sa\u00edr das batimetr\u00edas delimitadas polas cuadr\u00edculas implica faenar en zonas de praias, onde non se fac\u00eda, e, como noutras ocasi\u00f3ns, haber\u00e1 conflitos polo espazo ao concentrarse m\u00e1is barcos dos que caben. Tam\u00e9n se pon en perigo a rendibilidade de moita da frota, xa moi tocada polos golpes da pandemia e agora pola inflaci\u00f3n, prezos do combustible, recortes de capturas, cotizaci\u00f3ns case estancadas na primeira venda&#8230;<\/p>\n<p><strong>\u2014Calcularon de cantas zonas de pesca os expulsar\u00e1n o d\u00eda 9?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Das 87 \u00e1reas das que, lamentablemente, botar\u00e1n a frota o 9 de outubro, traballamos no 90 %, pero, de todas as maneiras, hai algo que fai isto a\u00ednda m\u00e1is retorcido. O informe cient\u00edfico no que se escuda a Comisi\u00f3n recomenda as zonas que van cumprir cun obxectivo que todos compartimos, o de protexer os ecosistemas vulnerables. Pero insiste en que s\u00f3 ten informaci\u00f3n sobre o impacto do arrastre e en que non pode avaliar se o pincho ou a volanta lle afectan. \u00c9 unha cuesti\u00f3n de perspectiva importante que un eurocomisario insensible coa pesca se salta, lev\u00e1ndose por diante \u00e1 frota de fondo, non se sabe por que interese.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/somosmar\/pesca-marisqueo\/2022\/09\/26\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-veto-pesca-fondo-sen-aval-cientifico-socioeconomico-nin-politico\/0003_202209G26P18991.htm\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">La Voz de Galicia &#8211; S. Serantes<\/a><\/p>\n[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row]\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>[vc_row][vc_column][vc_column_text] Jes\u00fas Lourido: \u00abNingu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo sen aval cient\u00edfico, socioecon\u00f3mico nin pol\u00edtico\u00bb \u00abConfiamos en que os ministros po\u00f1an en evidencia o atentado contra a pesca galega e europea que quere perpetrar o eurocomisario Sinkevicius\u00bb, di o xerente de Produtores Pesqueiros de Celeiro Non para. Viaxes, reuni\u00f3ns presenciais ou&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5964,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[20,8],"tags":[],"post_series":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v20.11 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo... - Puerto de Celeiro<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"en_US\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo... - Puerto de Celeiro\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"[vc_row][vc_column][vc_column_text] Jes\u00fas Lourido: \u00abNingu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo sen aval cient\u00edfico, socioecon\u00f3mico nin pol\u00edtico\u00bb \u00abConfiamos en que os ministros po\u00f1an en evidencia o atentado contra a pesca galega e europea que quere perpetrar o eurocomisario Sinkevicius\u00bb, di o xerente de Produtores Pesqueiros de Celeiro Non para. Viaxes, reuni\u00f3ns presenciais ou&hellip;\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Puerto de Celeiro\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/MerluzadeCeleiro\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2022-09-26T10:39:51+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/Jesus-lourido.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"800\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"450\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Puerto de Celeiro\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Written by\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Puerto de Celeiro\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Est. reading time\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"5 minutes\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/\"},\"author\":{\"name\":\"Puerto de Celeiro\",\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/person\/85af0a6a2d245025fc40d105cf7f8343\"},\"headline\":\"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo&#8230;\",\"datePublished\":\"2022-09-26T10:39:51+00:00\",\"dateModified\":\"2022-09-26T10:39:51+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/\"},\"wordCount\":1025,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#organization\"},\"articleSection\":[\"Cuotas Pesca\",\"Normativas Pesca\"],\"inLanguage\":\"en-US\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/\",\"url\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/\",\"name\":\"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo... - Puerto de Celeiro\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#website\"},\"datePublished\":\"2022-09-26T10:39:51+00:00\",\"dateModified\":\"2022-09-26T10:39:51+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"en-US\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo&#8230;\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#website\",\"url\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/\",\"name\":\"Puerto de Celeiro\",\"description\":\"Merluza de Celeiro\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"en-US\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#organization\",\"name\":\"Puerto de Celeiro\",\"url\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"en-US\",\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/logo\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/Puerto-Celeiro-logotipo.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/Puerto-Celeiro-logotipo.jpg\",\"width\":150,\"height\":179,\"caption\":\"Puerto de Celeiro\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/logo\/image\/\"},\"sameAs\":[\"https:\/\/www.facebook.com\/MerluzadeCeleiro\",\"https:\/\/www.instagram.com\/merluzadeceleiro\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/person\/85af0a6a2d245025fc40d105cf7f8343\",\"name\":\"Puerto de Celeiro\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"en-US\",\"@id\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bdeed845a57046db85e873c0abfa53dd?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bdeed845a57046db85e873c0abfa53dd?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Puerto de Celeiro\"},\"url\":\"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/author\/dalcore\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo... - Puerto de Celeiro","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/","og_locale":"en_US","og_type":"article","og_title":"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo... - Puerto de Celeiro","og_description":"[vc_row][vc_column][vc_column_text] Jes\u00fas Lourido: \u00abNingu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo sen aval cient\u00edfico, socioecon\u00f3mico nin pol\u00edtico\u00bb \u00abConfiamos en que os ministros po\u00f1an en evidencia o atentado contra a pesca galega e europea que quere perpetrar o eurocomisario Sinkevicius\u00bb, di o xerente de Produtores Pesqueiros de Celeiro Non para. Viaxes, reuni\u00f3ns presenciais ou&hellip;","og_url":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/","og_site_name":"Puerto de Celeiro","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/MerluzadeCeleiro","article_published_time":"2022-09-26T10:39:51+00:00","og_image":[{"width":800,"height":450,"url":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/Jesus-lourido.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Puerto de Celeiro","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Written by":"Puerto de Celeiro","Est. reading time":"5 minutes"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/"},"author":{"name":"Puerto de Celeiro","@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/person\/85af0a6a2d245025fc40d105cf7f8343"},"headline":"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo&#8230;","datePublished":"2022-09-26T10:39:51+00:00","dateModified":"2022-09-26T10:39:51+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/"},"wordCount":1025,"publisher":{"@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#organization"},"articleSection":["Cuotas Pesca","Normativas Pesca"],"inLanguage":"en-US"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/","url":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/","name":"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo... - Puerto de Celeiro","isPartOf":{"@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#website"},"datePublished":"2022-09-26T10:39:51+00:00","dateModified":"2022-09-26T10:39:51+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/#breadcrumb"},"inLanguage":"en-US","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/jesus-lourido-ninguen-esperaba-o-veto-a-toda-a-pesca-de-fondo\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Jes\u00fas Lourido: Ningu\u00e9n esperaba o veto a toda a pesca de fondo&#8230;"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#website","url":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/","name":"Puerto de Celeiro","description":"Merluza de Celeiro","publisher":{"@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"en-US"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#organization","name":"Puerto de Celeiro","url":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"en-US","@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/Puerto-Celeiro-logotipo.jpg","contentUrl":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/Puerto-Celeiro-logotipo.jpg","width":150,"height":179,"caption":"Puerto de Celeiro"},"image":{"@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/MerluzadeCeleiro","https:\/\/www.instagram.com\/merluzadeceleiro"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/person\/85af0a6a2d245025fc40d105cf7f8343","name":"Puerto de Celeiro","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"en-US","@id":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bdeed845a57046db85e873c0abfa53dd?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bdeed845a57046db85e873c0abfa53dd?s=96&d=mm&r=g","caption":"Puerto de Celeiro"},"url":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/author\/dalcore\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5962"}],"collection":[{"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5962"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5962\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5967,"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5962\/revisions\/5967"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5964"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5962"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5962"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5962"},{"taxonomy":"post_series","embeddable":true,"href":"https:\/\/puertodeceleiro.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/post_series?post=5962"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}