Concurso Escolar Medio Ambiente Mariño 2020

Concurso EscolarMedio Ambiente Mariño

Edición 2020

Puerto de Celeiro, en colaboración co CEIP de Celeiro, convoca o CONCURSO ESCOLAR MEDIO AMBIENTE MARIÑO.

BASES DO CONCURSO

A OPP 77 PUERTO DE CELEIRO, S.A., con CIF A27175553 e enderezo social en Muelle Pesquero Sur, s/n. 27863 Celeiro (Viveiro), en colaboración co CEIP de Celeiro, convoca o CONCURSO ESCOLAR MEDIO AMBIENTE MARIÑO, que se rexerá polas presentes bases legais.

1. Obxecto e ámbito territorial

O concurso ten como obxectivo contribuír a concienciar ao alumnado sobre o medio ambiente mariño e o coñecemento da realidade económica e social do seu entorno pesqueiro e dos produtos da pesca, así como profundar nos coñecementos en materia de cambio climático e os seus efectos sobre os océanos e a vida mariña, a sostibilidade da actividade pesqueira, a importancia do mar e dos produtos pesqueiros para a seguridade alimentaria mundial e a necesidade de preservar a biodiversidade mariña.

O concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria cursos 5º e 6º do centro educativo CEIP de Celeiro.

A inscrición no concurso será xestionada polo profesorado de cada aula acordo co recollido na cláusula cuarta.

2. Ámbito temporal

As datas claves do concurso son as seguintes:

  • 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente e Día Internacional da loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, participación na videoconferencia a través do enlace
  • 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, arranca o período de inscrición e recepción dos traballos, que terá lugar entre o 8 de xuño e o 18 de xuño Día da  astronomía Sostible.
  • Do 18 ao 22 de xuño o Xurado revisará e deliberará sobre os traballos presentados
  • Día 23 de xuño, proclamaranse os mellores traballos
  • Día 25 de xuño, Día Internacional da Xente do Mar, farase a entrega de premios aos mellores traballos e dun agasallo a totalidade dos participantes.

3. Aceptación das bases

A participación no concurso requirira a aceptación expresa das bases publicadas no sitio web do concurso www.puertodeceleiro.es

4. Requisitos e mecánica de participación.

A participación no concurso é gratuíta, voluntaria e require do cumprimento dos seguintes requisitos:
✓ Acceder a videoconferencia do 5 de xuño
✓ Inscribirse co profesorado de cada aula
✓ Aceptar as bases do concurso
✓ Entregar en prazo o traballo co que se pretende participar

5. Proposta do traballo a presentar ao concurso.

O alumnado que desexe participar deberá presentar un traballo con mensaxes de coidado do medio mariño e da pesca sostible, en técnica e formatos libres.

6. Selección dos mellores traballos

Os gañadores do concurso serán elixidos por un Xurado que estará composto por membros do CEIP de Celeiro, da ANPA e de PUERTO DE CELEIRO, S.A., que avaliarán os traballos presentados conforme aos seguintes criterios:

  • Que o formato, técnica e materiais escollidos sexan respectuosos co medio ambiente
  • Que a actividade pesqueira que se desenvolve en Celeiro estea presente no traballo

Unha vez seleccionados os traballos premiados, serán publicados na web do concurso www.puertodeceleiro.es e na web do CEIP http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipceleiro e o CEIP porase en contacto co alumnado premiado.

7. Premios

Agasallo por participar: cada alumno ou alumna que participe recibirá unha mochila escolar.
Primeiro, segundo e terceiro premio, consistentes en libros sobre temática ambiental e mariña, en cada unhas das seguintes categorías:
Premios ao mellor traballo
Premios ao mellor formato
Premios a mellor técnica

A aula que teña máis premiados de calquera unha das categorías recibirá equipamentos de PC portátiles para uso do alumnado.

8. Protección de datos de carácter persoal e cesión dos dereitos de imaxe

Mediante a aceptación das presentes bases, o CEIP de Celeiro cede a OPP 77 PUERTO DE CELEIRO, S.A., en exclusiva, de forma gratuíta, para todo o mundo e sen límite de tempo, os dereitos de imaxe que puideran corresponderlle como consecuencia da súa participación no concurso, para xestionar a publicidade do mesmo e os resultados e difusión destes.

O profesorado participante manifesta expresamente baixo a súa responsabilidade haber recadado o consentimento expreso de todos os terceiros (de seus país ou titores legais) que aparecen nos traballos presentados.

9. Propiedade intelectual

Ao participar no concurso, o alumnado cede a OPP 77 PUERTO DE CELEIRO, S.A., en exclusiva, todos os dereitos de explotación, sen exclusión de ningún, sobre os traballos presentados ao concurso, de tal xeito que a OPP 77 queda facultada para fixar, editar, reproducir, distribuír, por a disposición do público, comunicar ao público en calquera medio, soporte ou plataforma en todo o mundo, durante o tempo que permite a lexislación aplicable, sen percibir remuneración algunha.

O profesorado fai, respecto aos dereitos de explotación das aportacións dos alumnos, idéntica manifestación que a realizada respecto do tratamento de datos persoais e dereitos de imaxe, isto é, que están autorizados para a cesión dos citados dereitos de explotación en favor de OPP 77 co mesmo alcance previsto no primeiro parágrafo desta cláusula 9.

10. Xurisdición e lexislación aplicable

As presentes bases serán interpretadas e rexeran conforme a lexislación autonómica e estatal e para calquera cuestión litixiosa o CEIP de Celeiro e a OPP 77 renuncian expresamente a outros fueros que puideran corresponderlles, someténdose a xurisdición e competencia exclusiva dos xulgados e tribunais de Lugo capital.

Descargar bases do consurso

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia de navegación y atención personalizada. Si sigue navegando, entenderemos que acepta el uso de cookies en nuestro sitio.

Privacy Settings saved!
Configuracion de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

Cookies necesarias para poder compartir en redes sociales. Para más información acerca de su duración y otros aspectos, consulte nuestra política de cookies.
  • _atrfs
  • _atuvc
  • _atuvs

Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios