PORTO DE CELEIRO ORGANIZA UNHA XORNADA DE XESTIÓN EMPRESARIAL

A OPP77 comprometida coa formación continua dos seus Armadores para unha xestión máis eficaz das súas empresas.

Celeiro, 16 de marzo de 2018.

O vindeiro xoves día 22 de marzo, celebrarase a “Xornada de Xestión de Empresas Pesqueiras” no local da Confraría de Pescadores de Celeiro, organizada pola OPP77 PORTO DE CELEIRO, S.A.

A xornada, enmarcada nas accións a desenvolver durante o ano 2018 no Plan de Produción e Comercialización da OPP77, pretende prestar asistencia aos asociados da OPP naqueles aspectos que lles axuden a mellorar a xestión das súas empresas pesqueiras.

O Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro vixente para o período 2014-2020, establece entre os seus obxectivos a mellora da rendibilidade económica no sector pesqueiro e para elo propón unha serie de medidas de asistencia e formación aos membros das OPP, que se poden canalizar a través dos Plans de Produción e Comercialización.

Respondendo a este reto a OPP 77 aborda a celebración desta primeira xornada, neste caso, centrada nos aspectos: mercantil, fiscal, de prevención de riscos laborais e boas prácticas en xeral na xestión de empresas pesqueiras, contando con poñentes expertos na materia.

Será unha intensa sesión de traballo entre as 10:00 e as 13:30 horas e prevese a participación dos asociados de PORTO DE CELEIRO, S.A. e doutras organizacións sectoriais da pesca galegas ás que se lle convidou a asistir por parte da OPP77.

Saúdos cordiais.

Programa da Xornada

Convite

A Organización de Productores de Pesca Fresca do Porto do Celeiro, S.A. OPP77 e no seu nome, José Novo Rodríguez en calidade de Presidente, ten o pracer de convidarlle ó evento “XORNADA DE XESTIÓN DE EMPRESAS PESQUEIRAS”, que terá lugar o vindeiro 22 de marzo no local da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, (segundo andar) entre as 10:00 e as 13:30 horas.

Prégase confirme a asistencia antes do 20 de marzo.


ORGANIZA:

COLABORA: